Justo do Rego

Biografía

Nome: Justo González Bolaño (Justo de Pacios ou Justo do Rego)

Nacemento: 1.929

Natural de: Pacios de Mourisco (A Fonsagrada)

Naceu na Fonsagrada vila, lugar a onde se mudaron debido ao traballo do pai, procedentes de Pacios de Mourisco, onde quedaron os seus avós.

Atopábase na Fonsagrada cando estalou a guerra. Empezaban a notar a necesidade de cousas básicas como alimentos, polo que volveron para a casa dos seus avós, onde si había comida.

Cando os nenos acababan a escola ían coas cabras ou coas vacas ao monte; pero eles non, xa que aos seus pais non lles gustaban que pasasen o día fora.

Tiñas dous criados que facían os labores, sendo esta a única casa que contaba con este privilexio.

O de tocar a gaita viña xa do seu avó e seu pai, como tamén a tocaban seu fillo e bisnetos.

As cancións transmitíanse de pai a fillo, do que escoitaban tamén se sacaba algo e tamén se inventaba.

Á súa casa chamábanlle “A Casa da Gaita” porque sempre había alguén tocando.

Cando era novo tocaba cos gaiteiros da Puebla, que era un grupo que naquel entón “arrasaba”.

Pola noite xuntábanse os mozos e as mozas e poñíanse a tocar ata as tres ou catro da mañá.

De oficio foi carteiro.

Debido á morte do seu irmán tivo que deixar a gaita durante trinta anos, xa que o seu pai non quería escoitar aquel instrumento.

Faleceu á idade de 81 anos.


Partitura

XOTA DE XUSTO DO REGO.pdf

Vídeos

Tocando unha muiñeira de maneira maxistral

Interpretando unha fermosa xota

No programa Alalá da Galega