César de Leituego

Biografía

Nome: César Fernánde Fernández (César de Leituego).

Nacemento: 1.927

Natural de: Queixoiro (A Fonsagrada)

César Fernández naceu en Queixoiro, un pequeno pobo da Fonsagrada, nunha casa chamada a Casa do Medio, nunha familia de once irmáns.

A César, xa dende pequeno lle gustaba a música, e antes de comezar a tocar ningún instrumento, el cantaba. Cando os pais lle dixeron de ir á escola, el foi un curso, pero case non asistía porque cando comezou a estudar todos os nenos levaban na escola máis anos ca el, e el tiña vergoña.

Todo o ano, cando non había festas, César ía 15 quilómetros camiñando ata a casa dun amigo, na que se facían polavilas. A esa polavila, César levaba a súa trompa e a súa gaita e, entre uns cantos rapaces, facían unha festa. Cando voltaba á casa, xa era moi tarde, polo que se quedaba durmir no monte.

Ademais de tocar a gaita, tamén pescaba, cazaba e dedicábase á gandaría, á agricultura e nalgún tempo libre, á apicultura.

Casou con Genoveva, e tras uns anos en Queixoiro, cando tiña 50 anos, foron vivir a Bilbao, onde traballou de vixiante.

El e máis a súa muller tiveron catro fillos, tres nenos e unha nena.

Vídeos

César no programa Alalá da Galega

Interpretando unha peza nunha actuación

Audio

Muiñeira (interpretada con birimbao)

Muiñeira.mp3