Emilio do Pando

Biografía

Nome: Emilio Pérez Álvarez (Emilio do Pando)

Nacemento: 27/02/1.932

Natural de: O Pando (A Fonsagrada)

Emilio Pérez Álvarez é coñecido popularmente como Emilio do Pando grazas ao seu lugar de nacemento. O Pando, era un mestre da gaita e da trompa na zona da Fonsagrada.

Emilio, naceu nunha familia de dez irmáns, sendo el o máis pequeno. Na súa familia, a tradición musical herdábase; o pai tocaba a frauta traveseira, e un dos seus irmáns, a trompa. A súa casa, era unha ás que máis se ía de polavila, nelas todos os que tocaban algún instrumento, levábano e todos participaban. Emilio, deuse conta de que el tamén quería tocar algún instrumento cando tiña dous anos, cando vía a un rapaz con dezanove anos máis ca el tocando a gaita en todas as festas, nos descansos da sega da herba, etc.

Non foi toda a súa vida gaiteiro, dedicouse a outros oficios; foi xastre, carteiro 25 anos, comercial de electrodomésticos, activista social, político e cultural e tamén foi presidente dun club de fútbol. Tamén foi un dos maiores colaboradores co Museo Etnográfico da Fonsagrada e, no ano 1.979, foi un dos promotores da asociación cultural Antaruxas e Sorteiros, na que aínda hai xente tocando e bailando Tamén impulsou a creación de varias formacións musicais por toda España. Na súa carreira, participou na creación dun disco chamado `A Voz Antiga´ no 1.980 xunto con Herminio Villaverde e tamén participou nunha película chamada `Tierra del Fuego´. Cando xa se recoñecía a súa mestría máis alá da Fonsagrada, foi convidado a impartir numerosos obradoiros e a participar en múltiples concertos con distintos grupos.

Emilio do Pando, morreu en xuño do 2.017.

Partitura

Muiñeira do Pando.pdf

Vídeos

Programa Alalá da Galega I

Programa Alalá da Galega II

Programa Alalá da Galega III