Otilio Fernández

Biografía

Nome: Otilio Fernández García (Otilio da Burela)

Nacemento: 1.929

Natural de: A Burela, Carballido (A Fonsagrada)

Otilio naceu no 1.929 na Burela, parroquia de Carballido (A Fonsagrada).

Labrador e gaiteiro, sempre viviu no mesmo lugar.

Era o maior de cinco irmáns e, aínda que tivo oportunidade de emigrar para Arxentina e Xixón, traballou duro co seu pai para sacar adiante o caserío.

Coñecido como Otilio da Burela ou por Otilio de Fernandín, toca a gaita dende neno e deixa de facelo no 1.962, ao casarse e vendela. Ata 1.994 non retoma a relación co instrumento. Houbo un intento de voltar a tocar en 1.987, cando merca unha nova gaita, pero "non facía vida dela e pouseina, e pousada estivo ata 1.994 que fun a unha gaitada á Fonsagrada"

Segundo el mesmo di unha perda de audición aféctalle sensiblemente á hora de interpretar as pezas "nese tempo perdín o compás, e non dou volvido a el". Aínda que intentou recuperalo coa axuda de Juanjo Fernández, non o deu conseguido.

Pese a todos estes inconvintes, da súa creación moi particular quedou constancia do Vals de Otilio e a Xota de Otilio.

Foille concedido o Butelo de Ouro no 2.015. Finou no 2.018

Vídeo

Otilio interpretando unha peza

Audio

Xota de Otilio

Jota de Otilio.mp3