Casopo de Santa Juliana

Biografía

Nome: Armando Tejedo López (O Casopo de Santa Juliana)

Nacemento: 1.923

Natural de: Santa Juliana (A Fonsagrada)

Nacido en 1.923, finou na súa casa de Santa Juliana en 2.016 aos 93 anos de idade.

Comezou a tocar unha pipa de palla de centeo, con tantos furados coma o punteiro dunha gaita de verdade. Deseguido fixo unha gaita de castiñeiro, pero o instrumento non era do seu contento, ata que o seu veciño Félix da Casabella, medio artesán, lle fixo unha gaita nova coa que tocou ata os 28 anos, data na que emigrou para a Arxentina.

En Bos Aires rexentou dúas panaderías, mentres se fixo socio do Centro Galego Lucense. Aquí empezou a tocar a gaita de novo e a participar activamente en tódolos actos que se facían na institución; incluso aprendeu a bailar a Xota e Muiñeira porque o prefería para intercalar. Como el mesmo dicía "Non sei se o fago ben ou mal! pero sí sei que estas pezas así de bravas soamente as bailábamos alí uns poucos da zona da Fonsagrada", nas tres ou catro festas multitudinarias que no Centro Galego Lucense se facían cada ano.

Retornou no 1.991 para Santa Juliana, despois de que o atracaron catro veces nas dúas panaderías, motivo máis que suficiente para traspasalas ou arrendalas.

Logo de virse, e pasados uns poucos anos, volveu a Bos Aires para vender os dous negocios, porque xa nin renda lle pagaban, incluso un dos arrendatarios ameazouno cando intentaba cobrarlle a débeda.

Abandonou definitivamente a Arxentina, instalándose en Santa Juliana dos seus soños ata a súa morte. Pero ata iso, e xa ben entrado en anos, continuou disfrutando do baile tradicional e tocando a gaita en tódalas polavilas da contorna. Como creación propia deixounos a Muiñeira de Miñide.

Partituras

Xota do Casopo.pdf