O Día das Letras Galegas celébrase co gallo de enxalzar a nosa lingua a través da súa manifestación literaria. Comezou a se celebrar o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.
O alumnado e o equipo docente do IES A Sardiñeira queremos contribuír, con esta sentida iniciativa, a recadar e espallar o latexo material da actividade intelectual galega, é por iso que tentamos recompilar e lembrar a todas aquelas figuras senlleiras da nosa cultura.
Esta humilde iniciativa xorde como pulo á idea que partillamos toda a comunidade educativa sobre a riqueza inmaterial galega, que merece a pena ser contada e coñecida.
"Consideramos actos bárbaros os atentados á vida dos idiomas. Que diriamos se o Estado mandase derrubar o Pórtico da Gloria? Pois eu digo que o noso idioma é unha obra de arte mil veces superior á do Mestre Mateo. Creouno o xenio inolvidable do noso pobo e labrouna o amor, a dor e a ledicia de moitísimas xeracións.
Unha lingua é máis que unha obra de arte, é matriz inagotable de obras de arte"