Lara Dopico Varela
Frei Martín Sarmiento
Villafranca del Bierzo, 1695 - Madrid, 1772
Pedro Xosé García Balboa, coñecido como Frei Martín Sarmiento foi un relixioso que destacou pola súa constante defensa da nosa lingua desde unha perspectiva ilustrada.
Desde 1723 coidou a súa amizade co Padre Feixoo, co que mantivo correspondencia frutífera ata a súa morte. Desta etapa é Demostración Crítico-Apologética del Theatro Crítico Universal (1732), a única obra que publicou en vida.
Desde a súa viaxe a Galicia en 1745 a nosa cultura e lingua convertéronse no principal centro de interese do ilustrado. Sarmiento foi unha das primeiras voces en reivindicar a capacidade do galego para expresarse en todos os ámbitos. Considerado precursor da moderna filoloxía románica, o núcleo fundamental dos escritos de Sarmiento pertence ao terreo lexicográfico.
No ano 1748 foi elixido abade do seu Mosteiro de San Martín, de Madrid. A partir de entón, centrou o seu interese na etimoloxía galega. Proba deste labor é o seu Onomástico etymológico de la lengua gallega .
No ano 2002 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.