Brais Lamas Lugrís
Foi un dos poetas máis significativos do século XX en lingua galega.
Traballou como corrector de probas para a Editorial Nós e como director do semanario A Nosa Terra. Foi voceiro do Partido Galeguista.
En 1949 leu o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega, sobre a lingua literaria nos poetas do norte da provincia de Lugo.
A súa poesía inscríbese dentro da corrente iniciada por Noriega Varela que deu en chamarse humanismo paisaxista ou neovirxilianismo. Na súa obra percíbese a pegada da poesía clásica, do saudosismo portugués e, en menor medida, do imaxinismo herdado de Amado Carballo e do vangardismo de Manuel Antonio.. Os temas recorrentes na súa poesía son a dor existencial e a paisaxe.
En 1947 aparece Cómaros Verdes, considerado o primeiro libro de poesía de entidade publicado en lingua galega tras a guerra, no que abandona a rima empregando preferentemente o hendecasílabo branco e se mergulla nun paisaxismo no que a saudade é un tema fundamental, mesturando hilozoísmo, neotrobadorismo e clasicismo formal.
No ano 1986 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.