A Coruña, 1957 - A Coruña, 2004
Luisa Villalta Gómez nada na Coruña o 15 de xullo de 1957, foi unha escritora, filóloga e violinista galega.
Escribiu moita poesía, teatro e narrativa de ficción, articulismo e tradución. Tamén estudou no colexio das Xosefinas e mais no IES Eusebio da Garda.
Obtivo un título de Licenciada en Filoloxía Hispánica e Filoloxía Galego-Portuguesa pola universidade de Santiago de Compostela. Foi titulada superior en violín aínda que formou parte da Orquestra de Santiago de Compostela desde 1985 e, máis tarde, da Xove Orquestra de Santiago de Compostela, así como de diversos grupos de cámara galegos.
En 1988 aprobou as oposicións de docente da Lingua e Literatura Galegas, e deu clase no IES Xosé Neira Vilas.
Faleceu prematuramente, o 6 de marzo de 2004, por unha meninxite aos 46 anos de idade. Aínda ata hoxe os seus restos mortais seguen estando no cemiterio de Santo Amaro.
No ano 2024 dedicáselle o Día das Letras Galegas