Senlleiro intelectual, escritor e político galego do século XX. A obra escrita por Ramón Piñeiro non é abundante, e case toda se centra na 'saudade': Filosofía da saudade (Galaxia, Vigo 1984).
Piñeiro concibía a saudade como un sentimento sen obxecto e sen relación ningunha co pensamento ou a vontade, que fora xa caracterizado por diversos escritores galegos baixo a forma de instinto de vida, de morte, como sentimento que hai que superar, etc. Na súa concepción, contextualizada polo existencialismo filosófico, a saudade é un sentimento de soidade ontolóxica, isto é, un sentimento derivado da singularidade do ser.
A súa obra escrita repártese entre traballos de índole filosófica (con especial atención ao tema da saudade que trata desde unha perspectiva existencialista heideggeriana) e traballos de orientación lingüístico-literaria (centrados nos problemas do proceso de normalización da lingua galega). Foi pioneiro tamén na tradución de obras noutros idiomas ao galego, entre as que destaca Dá esencia dá verdade (1956), de Heidegger.
Foi homenaxeado co Día das Letras Galegas de 2009