Milaisy López Pérez
Historiador, etnógrafo e escritor español que escribiu principalmente en lingua galega.
Realizou un importante labor no Seminario de Estudos Galegos e continuou na Sección de Arqueoloxía e Prehistoria do Instituto Padre Sarmiento. Foi membro da Real Academia Galega, da Sociedade Española de Antropoloxía e Etnografía, do Instituto Internacional de Antropoloxía de París, da Sociedade de Xeografía de Lisboa, da Asociación de Arqueólogos Portugueses, da Sociedade "Martíns Sarmento" de Guimaraes, do Instituto de Coímbra, do Instituto Histórico do Minho, da Sociedade Brasileira de Folclore, do Instituto Arqueolóxico Alemán, da Academia da Lingua Portuguesa, entre outras institucións.
A súa principal actividade literaria desenvólvese como poeta na Nao senlleira (Nós, Santiago 1933) Despois da Guerra Civil publica o seu segundo libro de versos titulado Seitura e no número 15 da colección de novelas curtas Lar publicou un relato titulado Cabalgadas. A súa poesía caracterízase pola presenza dun rico vocabulario e a eufonía de palabras e versos.
No ano 1992 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.