Ezequiel Hernández Otero
Dramaturgo e escritor galego. Estudou Filosofía e Letras en Madrid e doutorouse en 1904 cunha tese sobre a literatura galega medieval. Ese mesmo ano foi nomeado Catedrático de Lingua e Literatura españolas na Universidade de Santiago de Compostela, onde chegou a ser vicerreitor e decano.
En 1907 deu o discurso de apertura do curso universitario 1907-1908 da Universidade de Santiago de Compostela coa lectura de "La leyenda de doña Estefanía la desdichada".
En 1920 foi elixido membro da Real Academia Galega (aínda que non chegou a tomar cargo), á que representou na Real Academia Española en 1929 xunto con Ramón Cabanillas. En 1942 foi elixido membro da Real Academia da Historia. Participou no movemento galeguista e foi membro activo das Irmandades da Fala. Foi membro fundador, primeiro presidente do Seminario de Estudos Galegos (1923-1925) e a persoa quen lle deu nome ao seminario.
En 1984 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.