Adrián León Pena
Manuel Lugrís Freire
Sada, 1863- A Coruña, 1940
Manuel Lugrís Freire, nado en Sada o 11 de febreiro de 1863 e finado na Coruña o 15 de febreiro de 1940, foi un poeta, ensaísta e dramaturgo galeguista. Un dos principais animadores da política e da cultura galegas de principios do século XX.
Fundou o primeiro xornal americano redactado en lingua galega. Foi director ou cofundador da Escola Rexional de Declamación, da Real Academia Galega, do sindicato Solidaridad Gallega, das Irmandades da Fala e do Partido Galeguista, asi comomembro do Seminario de Estudos Galegos.
Foi pai do pintor Urbano Lugrís González.
En 2006 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.