Xiomer Cornejo Zapata
Eladio Rodríguez González
San Clodio (Ourense), 1874 - A Coruña, 1949
Eladio Rodríguez foi un escritor e lexicógrafo que empregaba as dúas linguas, tanto galego como castelán.
Presidiu entre 1926 e 1934 a Real Academia Galega, da que formou parte como un dos corenta membros fundadores. Esta é unha institución científica que estuda a lingua galega e a cultura. Ten como función elaborar normas gramaticais, ortográficas e léxicas.
Un dos seus maiores recoñecementos vén dado por ser o autor do “Diccionario enciclopédico gallego-castellano”, o seu contido etnográfico foi un dos elementos máis valorados desde dicionario. Con respecto ás súas obras poéticas pódense identificar tres, Folerpas (1894), Raza e terra (1921) e por último Oracións campesiñas (1927).
No ano 2001 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.