Suad Arifi Azlou
Escritor en galego e castelán que cultivou todos os xéneros literarios (narrativa, poesía, teatro e ensaio), aínda que a súa sona lle vén fundamentalmente dos seus libros de contos, recollidos en catro volumes.
Usou os pseudónimos Bakurin, F. de N., Fole de Navia, Eginardo de Tor, Fuco de Caldas, Lexandre de Arcos, Lucencio, Troitiño, Xelos de Orbán e Neumandro (o máis utilizado).
Na ampla biblioteca do seu pai coñeceu a obra dos autores do Renacemento. Na adolescencia descubriu os poetas románticos españois José de Espronceda e Gustavo Adolfo Bécquer e a partir de entón dedicouse á lectura con paixón. Da literatura galega lerá pronto os poetas do Rexurdimento, fundamentalmente Rosalía de Castro e Curros Enríquez. Tamén se entusiasmará con Ramón María del Valle-Inclán e Antonio Machado. Álvaro Cunqueiro, compañeiro de instituto, foi un grande amigo seu.I
Ingresou na Federación Universitaria Escolar e colaborou en publicacións como El Pueblo Gallego ou La provincia. Ademais participou na creación do semanario republicano ¡Ahora! -que despois se chamaría Guión- e participou na revista de información política Horizontes.
En 1997 foille dedicado o Día das Letras Galegas.