Lía Meirás Fernández
María Mariño Carou
Noia, 1907 - Folgoso do Courel, 1967
María Mariño Carou, unha das poetas máis relevantes do noso século XX, naceu en Noia o 8 de xuño de 1907 e finou en Seoane do Courel (Folgoso do Courel) o 19 de maio de 1967.
Ten unha escasa obra (poética en galego e narrativa en castelán) mais foi unha das escritoras galegas máis importantes do século XX, encadrada na xeración do 36, reivindicada para a literatura galega pola xeración Brais Pinto, especialmente por Uxío Novoneyra e Xosé Luís Méndez Ferrín. Da súa autoría son Palabra no tempo (1963) e Verba que comenza (1990).
Compaxinou a súa actividade intelectual cunha vida discreta e moi apartada dos cenáculos literarios.
En plenario do 7 de xullo de 2006, os membros da Real Academia Galega decidiron dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2007.