Juan Soto Álvarez
Luís Benigno Varela Vázquez, máis coñecido como Luís Pimentel, foi un médico e destacado poeta galego de vangarda, escritor en lingua castelá e, puntualmente, en lingua galega, cunha bibliografía escasa e dispersa. Pertencente á xeración de 1925 e relacionado coa xeración do 27, nel apréciase unha síntese de movementos vangardistas de dentro e de fóra de Galiza. A súa obra fundamental apareceu en Sombra do aire na herba (1959).
Aínda que moitos dos versos de Pimentel foron traducidos ao galego por amigos como Ramón Piñeiro ou Ánxel Fole, boa parte da súa obra foi escrita en castelán. No seu único libro publicado en vida, Triscos (1950) empregou, no entanto, a nosa lingua. A este seguiulle o poemario póstumo Sombra do aire na herba (1959), considerado a súa obra máis importante e, a seguir, a obra en castelán Barco sin luces (1960).
En 1981, o volume Poesía enteira recollería os seus traballos inéditos. É aí onde se encontra o poema galego "Cunetas", espello do horror e a crueldade da guerra, un momento da historia moi presente na obra de Pimentel.
O Día das Letras Galegas do ano 1990 foi dedicado á figura de Luis Pimentel.