Martín Quiñoá Pavón
Manuel Antonio Pérez Sánchez, o principal poeta das vangardas galegas, soubo recoller na súa obra as novas correntes europeas e hispanoamericanas, adaptándoas á nosa literatura.
Naceu en Rianxo o 12 de xullo de 1900. Estuda en Compostela, onde entrou en contacto co republicanismo e o galeguismo, adoptando un compromiso radical co idioma.
Despois de ler a vangarda europea, comezou unha intensa actividade literaria. O seu único libro publicado en vida, De catro a catro. Follas d'un diario d'abordo (1928) reflicte as primeiras travesías do autor nas súas prácticas de piloto no paquebote Constantino Candeira, entre 1926 e 1927.
Finou por mor da tuberculose o 28 de xaneiro de 1930.
No ano 1979 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.