Diego Figueiras Álvarez
Luis Seoane López
Bos Aires (Arxentina), 1910 - A Coruña, 1979
Luís Seoane López, nado en Bos Aires o 1 de xuño de 1910 e finado na Coruña o t de abril de 1979, foi un editor, escritor, xornalista, ilustrador, gravador, ceramista e pintor galego. Colaborou en Resol, Claridad e El Pueblo Gallego. Militante do Partido Galeguista durante a II República Española, na Guerra Civil fuxiu a Bos Aires.
O seu estilo pictórico evolucionou cara ao debuxo esquemático sobre planos de cor. Con Isaac Díaz Pardo recuperou a antiga fábrica de Sargadelos, fundou o Laboratorio de Formas e o Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside. Durante o exilio apoiou a escritores e artistas galegos e promoveu diversas iniciativas editoriais.
A Real Academia Galega dedicoulle o Día das Letras Galegas do ano 1994 e a Real Academia Galega de Belas Artes o Día das Artes Galegas do ano 2019.