Esther Tarrío Tato
Nado en Ourense o 30 de setembro de 1884 e finado na mesma cidade o 30 de abril de 1963, foi un intelectual galego do século XX. Estudou Dereito en Santiago de Compostela e Maxisterio en Madrid. Membro da Xeración Nós e das Irmandades da Fala é considerado un dos meirandes teóricos do nacionalismo galego.
Constitúe unha das figuras máis importantes e complexas da historia da literatura galega. Procedente dunha familia acomodada e de alto nivel cultural, asentou as bases do nacionalismo galego e renovou a narrativa galega do primeiro terzo do século XX. Fundou xunto co seu amigo Otero Pedrayo o Partido Nacionalista Republicano, que acabou abandonando.
No ano 1981 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.