Emilio Ferreiro Romar
Naceu en Tui no ano 1865, e morreu en Santiago, onde era arcebispo, en 1925.
Estudiou no Seminario de Tui e logo, en Compostela, Hebreo e Grego. Aos 21 anos obtivo a Cátedra destes idiomas no Seminario tudense, e aos 22 dixo a súa primeira misa. Comezou a escribir con 14 anos e a publicar aos 15. Pronuncia a primeira disertación con 17 anos. Moi novo, exerce o xornalismo.
Doutor en Teoloxía por Santiago, foi bispo de Osma en 1910, Senador en 1914, bispo de Tui no 17, e arcebispo de Santiago no ano 23. En 1924, ingresou no Seminario de Estudios Galegos.
A pesar de que a Igrexa Católica estaba á marxe da loita cultural e nacionalista de Galicia e de que Lago González pertencía á Xerarquía Eclesiástica, comprometeuse decididamente na defensa da lingua e identidade do Pobo galego.
A súa obra en galego ou sobre Galicia, foi publicada no ano 1965, cando se cumpriu o centenario do seu nacemento.
No ano 1973 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.