Santiago de Compostela, 1837 - Padrón, 1885
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Santiago de Compostela o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi una escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento das letras galegas do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.
Rosalía foi precursora e pioneira de correntes de pensamento social e político de plena actualidade tanto na Galicia como no resto do mundo: feminismo, anti-capitalismos, nacionalismo progresista...A súa obra é constantemente traducida a numerosas linguas.
Foi unha figura singular no contexto literario da súa época por tres aspectos: participou activamente na posta en marcha dun sistema literario galego autónomo usando unha lingua marxinada, rompeu todas as barreiras temáticas e cultivou non só a poesía, senón tamén, abundantemente a prosa.
O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares Gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.