Iago Santiso Fernández
Poeta e autor teatral, está considerado como un dos autores máis relevantes da primeira metade do século XX. Naceu en Cambados o 3 de xuño de 1876. Tras desempeñar diversas funcións burocráticas na vila natal, en 1910 emigrou a Cuba. Alí publicou os seus primeiros libros: No desterro (1913) e Vento mareiro (1915).
Dous anos máis tarde establécese de novo en Galicia. Comprométese co proxecto das Irmandades da Fala, converténdose na voz lírica do movemento, será coñecido como o “Poeta da raza”. Publicou en 1917 Da terra asoballada e as pezas dramáticas A man da Santiña (1921) e O Mariscal (1926). Nese mesmo ano viu a luz o libro de poemas Na noite estrelecida, onde reelabora mitos do ciclo artúrico ao servizo da exaltación patriótica desde unha perspectiva mítica. Porén, en 1927, Cabanillas publicou un volume que recuperaba o mellor do seu lirismo intimista: A rosa de cen follas.
Tras o levantamento militar de 1936, o poeta atravesou un período de silencio que só rompeu a partir de Camiños no tempo (1949). Tamén foi nesa etapa de posguerra cando publicou Antífona da Cantiga, Da miña zanfona, Versos de alleas terras e de tempos idos e Samos.
Dedicóuselle no ano 1976 o Día das Letras Galegas.