Carmen Rama Faya
Nado en Ourense o 14 de setembro de 1897 e finado en Vigo o 1 de decembro de 1979, Blanco Amor constitúe un dos grandes fitos da renovación narrativa galega. Foi, asemade, unha figura fundamental no teatro e no xornalismo.
Recibiu as influencias de Charles Baudelaire, Stéphane Mallarmé, Arthur Rimbaud e Gabriele d'Annunzio. Na Arxentina coñeceu a Jorge Luis Borges, Ernesto Sabato e Horacio Quiroga.
Fundou Terra, voceiro da Irmandade Nazonalista Galega de Buenos Aires, dirixiu Céltiga e colaborou en Nós. De volta a España contactou coa Xeración do 27 e coñeceu a Federico García Lorca. Retornou á Arxentina.
Ademais da literatura, tamén foi fotógrafo afeccionado. As súas máis de 3.000 imaxes consérvanse no arquivo da biblioteca da Deputación de Ourense. En 2004 a editorial Galaxia publicou o libro A ollada do desexo. Obra fotográfica 1933-1973, unha escolma representativa da súa obra.
En 1972 foi elixido membro numerario da Real Academia Galega e en 1993 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.