Lois Pereiro, representante da eclosión creativa dos 80 e da contracultura, é o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2011. Naceu en Monforte de Lemos no 1958. Aos dezasete anos marchou a Madrid onde iniciou a súa carreira literaria na revista experimental Loia, da que só se coñecen catro números. Nesta publicación apareceron algúns dos poemas do libro Poemas para unha loia (1996), no que tamén se recolle o ensaio "Modesta proposición de renunciar a facer xirar a rida hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia”.
De volta en Galicia, Pereiro forma parte do Grupo de Amor e Desamor que publicou dous libros co mesmo título, nos que poetas de moi diferentes tendencias, como Manuel Rivas, Xavier Seoane e Francisco Salinas compartían inquedanzas culturais. Á iniciativa deste colectivo débese tamén o mantemento da revista Luces de galicia onde viron a luz os oito primeiros capítulos da súa novela inacabada "Náufragos do paradiso".
Pereiro tamén foi incluído en 1987 na antoloxía Despois da modernidade e contribuíu coas súas achegas a desenvolver varias antoloxías colectivas.
Aínda que publicou poemas e artigos en diversas revistas culturais, non foi ata 1991 cando aparece a primeira das súas dúas únicas obras publicadas en vida: Poemas 1981/1991 (1992). Tres anos máis tarde publícase Poesía última de amor e enfermidade. Os dous poemarios son obras duras e espidas, nas que se observan trazos expresionistas, referencias á literatura xermánica e certos trazos da contracultura.
Finalmente, Lois Pereiro fallece en A Coruña en 1996. Tras a súa morte aparecen: Poemas para unha loia (1997), unha recopilación da súa primera poesía e a novela inconclusa Náufragos do paradiso, publicada en Luces de Galiza.