Quen somos?

Somos a Radio do IES Valadares. Formamos parte do Programa Radio na biblio dende o curso 2019/20. Coincide a inclusión neste programa cunha serie de cambios que estaba a experimentar a biblioteca do instituto, dando pasos para converterse nun LABORATORIO CREATIVO DE APRENDIZAXES. 

As bibliotecas son instrumentos dos centros educativos ao servizo das competencias clave,  deben crear propostas que favorezan o desenvolvemento de contidos curriculares de forma transversal ou interdisciplinaria. Un dous seus obxectivos é favorecer a alfabetización múltiple.  A RADIO convértese nun aliado importante para levar a cabo estes proxectos.