Presentámosvos unha pequena mostra dos programas máis destacados deste curso. Nada disto sería posible sen Pedro, alumno de 3º da ESO, o noso técnico de confianza que leva o peso da parte técnica e está presente en case todas as gravacións. Tamén queremos destacar a Martín, de 1º da ESO, que se incorporou este ano ao equipo e está aprendendo moito sobre o mundo da radio. E, por suposto, grazas aos nosos fantásticos locutores: Malen, Ana, Irene, Rubén, Axel e Felipe.
Moitas grazas a todas e todos polo traballo feito con tantas ganas!