"Faladoiros con Anna" é o novo programa de radio do noso instituto no que practicar inglés convértese nun pracer. Cada semana, Axel e Luis, os nosos locutores, conversan con Anna, a lectora que nos acompaña neste curso 2024/25, sobre temas de todo tipo: desde a celebración de Halloween, pasando polo Nadal, ata a moda ou o cine.
A idea é sinxela: pasalo ben mentres aprendemos inglés e coñecemos mellor a Anna e a súa cultura. As conversas son amenas, cheas de curiosidades e cun toque de humor que engancha dende o primeiro minuto.
Na parte técnica está Pedro, que controla o son como un profesional, acompañado por Martín, o seu axudante, sempre atento aos detalles.
Se queres mellorar o teu inglés, escoitar boas historias ou simplemente pasar un bo rato, non perdas "Faladoiros con Anna". Está feito por e para nós!