O alumnado de 1ºESO de Lingua Galega lanza un novo programa que vai dar moito que falar:
🔥Prepárate! Imos queimarche as neuronas e a túa cabeza será un fervedoiro por mor dos nosos dilemas semanais. Quizais esteades a escoitarnos no asento traseiro do coche dos teus pais ou no voso portátil de E-DIXGAL, asà se os vosos pais están escoitando, dicÃdelle que non presten atención, a non ser que despois botedes unha boa parrafada para contrastar as vosas solucións. Non hai unha resposta correcta, só un dilema e moitas neuronas a pensar. Ademais, ides poder enviarnos as vosas colaboracións cos vosos puntos de vista sobre o reto semanal.
Este pódcast é para vós. Tan en cueiros está todo que nesta primeira tempada inda non sabemos cal vai ser o noso nome definitivo, nin a nosa cancións da cabeceira, nin as seccións que imos ter. Ninguén sabe nada! Asà que vaivos tocar choiar un chisco! Estades preparadas para pensar como nunca antes? Nós estamos listos para te escoitar e ser un exército de neurona aburadasÂ