Imaxe e son 2º BACH
Os alumnos de 2º de bacharelato coa axuda do profesor Gonzalo na materia de imaxe e son, estiveron facendo varios programas de radio sobre temas variados coma música, curiosidades...
O noso medievo: con este podcast botan unha vista ao pasado, á idade media, e tamén engaden algo actual, que nas redes sociais está a causar furor: o horóscopo. A maior parte da xeración Z (a que todos os alumnos pertencemos) síntese identificada co seu signo zodiacal. Eles reinventan a forma de velo dende o medievo, aportando así un toque divertido en cada unha das lecturas dos signos.
AERA Music: se estás interesado en coñecer os gustos musicais da xente que che rodea non podes perderte este programa! Alex, Rodrigo, Ana e Eilyn, entrevistan ao alumnado do noso centro educativo acerca do ambiente musical cos rodea e os seus propios gustos. Descubriredes esta gran variedade de música.
O Consumismo: Ainara, An Ran e Ruth veñen falarnos dun dos danos colaterais destas festas: os excesos nas compras. É un programa educativo. Nel explicamos principalmente os pros e contras do consumismo e, ademais, outros factores. Tentan que unha audiencia, composta principalmente por adolescentes, pense dúas veces o que vai comprar e así cambiar a súa forma de colaborar co consumismo.
Unha viaxe por Nadal: Aldara, Candela, Clara e Mara ofrécennos un tour exprés por algúns dos mellores lugares para disfrutar do Nadal. Non só polo máxico ambiente que podemos atopar se non tamén polas súas tradicións.
Artes vs Ciencias na cultura xeral: neste episodio Blanca, Dani, Nicole e Miri fanlles 5 preguntas de cultura xeral a dúas alumnas de 2º de Bacharelato, unha pertencente á modalidade de artes e a outra á de ciencias, en representación da súa clase. Con isto só buscan entreter ás persoas que nós escoitan e crear ese ambiente de sa competitividade entre as dúas participantes e os seus grupos.
Valadares sen filtro: se non tiveras a presión das medidas COVID, do temario ou de ter que aumentar os contidos (sumado á falta de tempo) "Que cambiarías das túas clases?" Isa é a gran dúbida que Iciar, Natalia e Noa, teñen e que tentan resolver neste podcast.