No curso 24/25 realizáronse os seguintes programas:
Que está pasando no IES Valadares?: Este é o cuarto curso dun programa que naceu coa intención de que os nosos axudantes informen sobre as distintas actividades que se realizan no instituto: samaín, semana cultural,...
As mulleres tamén pintan na historia; programa realizado polo alumnado de 1º ESO dende a materia de Proxecto Competencial.
Faladoiros con Anna: Os nosos axudantes charlan con Anna, lectora deste curso.
Mitos sobre a mesa: Os nosos axudantes falan sobre mitos e lendas
Faladoiros en francés: Entrevistas realizadas ao alumnado de intercambio con Francia.
Bioxenios 2025:O alumnado de Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais de 1º de Bacharelato realizan este programa sobre Ciencia, Innovación e datos sorprendentes da Natureza.
Un retrato da familia: O alumnado de 3º e 4º ESO dende as materias de Portugués, Historia e Galego, realizaron un traballo con fotos familiares antigas.
De feira em feira: programa realizado polo alumnado de 3ºESO de Portugués sobre as feiras de Portugal.
O gran teatro do mundo: programa realizado polo alumnado de 4ºESO de Proxecto Competencial.
Pódcast Mutante: Programa de opinión levado a cabo por alumnado de 1ºESO dende a materia de Galego.
Se premes no título do programa acederás a todo o contido.