O meu libro favorito


O programa naceu dentro do proxecto de centro "21 días co galego e máis", polo que é en galego egrabase no recreo. En cada episodio deste programa os membros do equipo da radio fan unha entrevista a unha persoa do centro, nela falan do seus libros favoritos e conversan sobre outros temas de interese. O primeiro episodio foi a entrevista a Xabier Xil, periodista e antigo profesor do instituto. 

É moi interesante o episodio especial do 8 de marzo, nel Irene Martínez de Alegría (ela e Adrián Alonso son os entrevistadores do programa) fai un repaso ás mulleres invisibilizadas dentro la literatura ao longo dos diferentes séculos.