Posta a punto
Obxectivos
Obxetivos en relación ao funcionamento:
Habilitar un espazo para crear un Laboratorio de radio.
Pór en funcionamneto o equipo da radio escolar.
Crear un protocolo de actuación para o uso da radio
Primeiros pasos
a. O ESPAZO
A primeira decisión foi determinar o espazo. O curso pasado cando se planificou o cambio de ubicación da biblioteca deseñouse un recuncho dentro da Biblio para montar un Laboratorio de radio.
No primeiro trimestre mercouse o mobiliario, o ordenador e o equipo.
b. A FORMACIÓN
Parte do equipo de biblioteca recibiu formación no mes de xaneiro a cargo de Radio Espora. A sesión formativa tivo dúas partes: presentación das posibilidades da radio escolar e montaje do equipo.
A formación para o grupo de alumnado estaba prevista para o mes de marzo. Tívose que aplazar debido a alerta sanitaria
c. DOCUMENTACIÓN
Despois da formación recibida decidiuse formar un equipo de traballo constituído pola responsable da radio, a coordinadora da biblioteca e unha compañera do equipo.
Elaborouse un protocolo de funcionamento da radio para facilitar o seu uso a o alumnado e ao profesorado.
Creouse unha guía informativa cos pasos para gravar un podcast: planificación, busca de información, elaboración do guión e avaliación.
Abriuse unha conta en Ivoox para subir os podcasts.
Creouse este espazo web para a radio dentro do blog da biblioteca.
d. PUBLICIDADE
Colocouse o logo de Onda Valadares e o de Radio na biblio na entrada.
Nas visitas guiadas á biblioteca amósabase a biblioteca e explicábanse as posibilidades deste laboratorio.
Creáronse carteis para informar da apertura da radio e da busca de axudantes.
Fíxose unha lista de axudantes e realizáronse pequenas sesións formativas nos recreos.