Sempre cerca

Inauguración

Por que?

Dentro da programación de Onda Valadares temos un espazo para podcasts que falan do que está a acontecer ao noso arredor. É unha ventá que amosa a actualidade contada polo noso alumnado.

Inauguración

Contexto

O día 5 de febreiro do presente curso escolar 2019- 2020 inauguramos a nova biblioteca que pasou a formar parte do programa LÍA-2. Para a preparación do día da inauguración deseñouse unha tarefa interdisciplinar na que alumando e profesorado de todos os niveis educativos traballaron.

O grupo de axudantes da biblioteca fixo unha visita guiada pola biblioteca para amosar como traballan e cal é a finalidade de cada un destes recunchos. Esta visita foi enriquecida coas achegas do alumnado do club de lectura, club de escoita e club de letras, así coma o de excelencia matemática e lingüística. Os asistentes puideron gozar da lectura coma se estiveran no noso club de escoita, disfrutaron co truco de maxia do alumnado de excelencia matemática e coñeceron o traballo do club de reporteiros e reporteiras formado pola rapazada de excelencia lingüística. 

O alumnado de 2º de PMAR foi o encargado de preparar un programa de radio en directo. Hai que salientar que era a primeira vez que traballaban na radio e que falaban en directo para un público. 

Contido

O contido do programa centrouse na presentación da biblioteca e do proxecto de radio “Onda Valadares”

Tarefas

O alumnado de PMAR preparou o programa nos dous ámbitos:

Por unha banda, no ámbito socio-lingüístico traballararon a entrevista

Traballaron a parte técnica no ámbito científico. 


Guión 

No guión relataron todos os cambios feitos na biblioteca tanto do espazo coma dos recursos (libros, xogos, tablets, portátiles, pantalla interactiva, croma...). 

Este foi o guión que seguiron no seu podcast.

Programa Inauguración2.pdf

Participantes

O grupo de 2º PMAR foi o encargado de gravar este podcast.

Valoración

O resultado foi fantástico. O programa emitido en directo sorprendeu aos asistentes que pideron ver e escoitar a nosa radio en directo. Foron felicitados persoalmente polas autoridades, polo profesorado e polos seus compañeiros e compañeiras.

Foi unha expereincia enriquecedora para este grupo. Tiveron un papel moi importante neste acto xa que foron os primeiros que gravaron en directo un programa de radio e foron os encargados de inaugurar o noso Laboratorio.