No curso 25/26 realizáronse os seguintes programas:
Que está pasando no IES Valadares?: Este é o quinto curso dun programa que naceu coa intención de que os nosos axudantes informen sobre as distintas actividades que se realizan no instituto: samaín, festival do Nadal, entrevistas a clubs...
Xoguetes en Antena; Na materia de Competencia Lingüística, o alumnado de 1º e 2º de ESO mergullouse no libro Os xoguetes esquecidos de Xosé López González e Xosé Manuel García.
Avós nas Ondas: Programa especial para dar voz á memoria dos nosos maiores, abrindo a biblioteca ás avoas e avós do alumnado.
Faladoiros con Claire: Os nosos axudantes falan en inglés coa lectora Claire.
A voz dos libros: Os axudantes da biblioteca están gravando lecturas de libros (paso a paso, con calma)
Día mundial da Radio 2026: O 13 de febreiro celebramos o Día Mundial da Radio.
O armario da avoa: O alumnado de 3º ESO A+P e 3º ESO B colle o micro para entrevistar as usuarias e usuarios de AFAGA.
Entroido 2026: O alumnado de 1º de ESO viaxou polo Entroido galego a través da lectura, a investigación e a creación de infografías sobre máscaras, personaxes e tradicións do noso Patrimonio Inmaterial.
Música, radio e patrimonio: Xornada de formación chea de enerxía, na que se mesturaron música, radio e moitas ganas de aprender. Todo da man de dous auténticos referentes: Pancho Álvarez e Damián Alonso.
Intercambio en Antena: Programa protagonizado polo alumnado de 3º e 4º e polo alumnado francés de intercambio.
Seres vivos do Sobreiral: O alumnado de 1º ESO investigou sobre seres vivos a partir dos libros da biblioteca e transformou a lectura nunha actividade de creación, reciclaxe e comunicación oral.
Imaxes do Patrimonio 2026: O alumnado de 1º e 3º da ESO participou nun programa sobre fotografías antigas para poñer en valor a memoria e o noso patrimonio dentro do concurso Imaxes do Patrimonio.
Cultura Clásica: O alumnado de 3º e 4º de ESO preparou e gravou diversos podcasts na radio do instituto, nos que exlican a historia, a función e a relevancia dos lugares seleccionados.
Se premes no título do programa acederás a todo o contido.