Obxetivos en relación á dinamización:
Dinamizar a radio escolar.
Proporcionar oportunidades para o desenvolvemento de competencias clave a través de tarefas.
A posta en marcha da emisora de radio do centro ten como obxectivo principal proporcionar oportunidades para o desenvolvemento de competencias clave a través de tarefas nas que se traballen contidos curriculares mediante metodoloxías activas. Esta foi a finalidade coa que xorde Radio na biblio no instituto. É un xeito de ofrecer un recurso máis ao alumnado e ao profesorado para traballar as alfabetización múltiples.
Por iso pensouse en diseñar unha programación de Onda Valadares con diferentes tipos de programas nos que encaixar cada unha das propostas.
Sempre cerca sería un espazo para recoller as noticias de actualidade do centro. A primeira emisión foi en directo o día da inauguración da biblioteca o día 5 de febreiro. Este programa está explicado e detallado nun espazo web dentro do blog da biblioteca.
A actividade presencial paralizouse no mes de marzo. Durante o confinamento mantívose viva con diferetes propostas:
Conectamos Valadares nace como proposta do alumando para compartir sentimentos e emoción que lle foron xurdindo durante o tempo de confinamento.
Poesía Compartida recolle poemas recitados por alumnado, por profesorado e alumnado egresado. Comezou en datas próximas ao Día do Libro e continuou ata despois do Día das Letras.
Os faladoiros son reuniones virtuais para conversar sobre temas da nosa actualidade. Os/as participantes falan da vida diaria do instituto virtualmente e analizan e valoran este curso diferente.