No curso 22/23 realizáronse os seguintes programas:
• Que está pasando no IES Valadares: é un programa que nace coa intención de que os nosos axudantes informen sobre as distintas actividades que se realizan no instituto: samaín, semana cultural,...
• Concurso frases feitas: Trátase dun concurso de fraseoloxía galega. Os nosos axudantes retan á comunidade educativa a adiviñar o significado dunha frase feita. O gañador recibe un agasallo e grava o significado da frase, reto e solución publicitánse na aula virtual do instituto e nas redes da biblioteca.
• O meu libro favorito: programa que naceu o curso pasado e continúa, nel tratan o tema literario. Os locutores fanlle preguntas ás persoas do IES sobre cadanseu libro favorito ou falan dos libros que están lendo nese momento
• Tamén hai fama en Valadares: programa de entrevistas as persoas que visitan a nosa biblioteca.
• Lendo no Galiñeiro: este programa está vinculado ao club de lectura do IES, no que comentan e recomendan os libros que van lendo ao longo das avaliacións.
• A voz de Rosalía: Ao longo dos meses de febreiro e marzo, acollemos os poemas de Rosalía de Castro nas voces de todas as persoas da nosa comunidade educativa que desexaron recitar un poema seu ou ler parte dalgún texto narrativo da súa autoría.
• Faladoiros con Max: o curso pasado naceu este programa no que o axudante de conversa de Estados Unidos charla con algunhas das nosas axudantes (Nuria, Sabela e Sara), e ao longo dos distintos programas adentármonos súa cultura.
• Un paseo por Roma: alumnado de 4ºESO de Latín elaboraron unha guía turística por Roma.
• Entrevistas: programa de entrevistas realizadas a distintas persoas da nosa comunidade educativa. O último programa deste curso foi unha entrevista coas familias de algúns membros dos axudantes da biblioteca.
• Publicistas do Sobreiral: Este programa forma parta da Campaña Publiciataria dos publicistas do Sobreiral, dentro da materia de Proxecto Competencial de 1ESO.