Bioxenios é un programa de divulgación científica, creado polo alumnado de Bioloxía de 1º bacharelato.
Conta con 9 episodios, e nel falamos de diversos aspectos de Bioloxía, Xeoloxía e Medio Ambiente, ademais de recoñecer a contribución dalgunhas das científicas máis relevantes dos últimos anos.
No primeiro episodio , falamos de Jane Goodall, do seu traballo e estudo sobre os chimpancés e a súa guerra civil:
No último episodio damos a coñecer á científica Anne McLaren e falan sobre métodos de reprodución asistida, ademais dalgunhas curiosidades relacionadas coa reprodución de certos animais.
O alumnado traballou nos guións dende as materias de Bioloxía e Lingua Galega, cada un deles ten unha pequena bibliografía.
Cada un dos grupos, ademais de facer o podcast, fixeron marcapáxinas con unha pequena información sobre a científica coa que estiveron traballando.