MeteoValadares
CONTEXTO
MeteoValadares é un programa de predición meteorolóxica do tempo en Valadares, realizado polo alumnado do grupo de NESP, forma parte do proxecto "Teño un amigo en AFAGA" que forma parte do noso Club de Letras "Coidados intensivos: Miro por ti, miras por min" que se estivo a traballar dentro do proxecto de centro "Entre dúas realidades".
PARTICIPANTES
Detrás dos micros estaba un equipo que traballaba colaborativamente para compartir a predición do tempo de cada fin de semana.
Arón, Derek, Irene, Mateo e Rodrigo, alumnado do grupo NESP, foron os locutores deste programa.
Da parte técnica encargábase Arón, engadir a sintonía de Onda Valadares e subir os podcast a Ivoox.
Anxela, profesora do ámbito científico matemático foi a encargada de dirixir este equipo.
Aínda que era un grupo reducido necesitábase moita colaboración, por iso, Bea, Flor e Carmen axudaban os venres nas gravacións.
CONTIDO
O alumnado do grupo de NESP, no ámbito científico matemático e na materia de tecnoloxía crearon unha estación meteorolóxica dentro do IES, aprenderon a utilizala e a facer predicións meteorolóxicas.
Recollida de datos. Durante toda a semana recollían datos na estación meteorolóxica do centro.
Predición. Os xoves facían a predición do tempo para a fin de semana.
Guión. Elaboraban o seu guión.
Ensaio. Ensaiaban o programa de radio.
Gravación. Gravaban o programa todos os venres a primeira hora da mañá.
Emisión. Emitíase no recreo, subíase a Ivoox e enviábase o enlace a AFAGA para que puideran escoitalo as persoas maiores desta asociación.
O primeiro episodio do programa emitiuse o 22 de xaneiro e o último o 11 de xuño do 2021.
TEMPO DE TRABALLO E DE LECER
Despois da gravación aproveitaban esa hora na biblioteca para ler ou xogar.
O alumnado creou un logo para o seu programa e fixeron unhas chapas que sempre levaban con orgullo.
GUIÓN
Todos os xoves elaborábase un guión segundo a predicións do tempo para a seguinte fin de semana, todo o alumnado participaba en dita elaboración.
Dito guión seguía o modelo e as pautas dadas dende o equipo da radio.
Na seguinte fotografía aparece un exemplo dos guións realizados, se premes nela podes escoitar o programa: