Programación
No curso 23/24 realizáronse os seguintes programas:
Que está pasando no IES Valadares: Este é o terceiro curso dun programa que naceu coa intención de que os nosos axudantes informen sobre as distintas actividades que se realizan no instituto: samaín, semana cultural,...
Lecturas transmedia: Dentro da primeira tarefa das materias de Lingua Castelá - Xeografía e Matemáticas o alumnado de 1º eso creou produtos transmedia sobre o libro de Hoyos.
O multiverso d'O conto dos tres irmáns: A partir da lectura d'O conto dos 3 irmán do volume 7 de Harry Potter (As reliquias da morte), o alumnado de 1ºESO C e D, na matreria de Lingua Galega, fixo unha versión da historia dende o punto de vista das súas personaxes
Lendo no Galiñeiro: este programa está vinculado ao club de lectura do IES, no que comentan e recomendan os libros que van lendo ao longo das avaliacións.
Faladoiros con Sophie: Fai dous cursos naceu este programa no que o axudante de conversa de Estados Unidos charla con algunhas das nosas axudantes, e ao longo dos distintos programas adentármonos súa cultura. Este curso tivemos a sorte de falar con Sophie.
Semanas musicais: O alumnado de 2ºESO dende a materia de Música, propóñennos todas as semanas distintos estilos musicais.
Saúde ConCiencia: O alumnado de 3º ESO A e B, dende a materia de Bioloxía, falan e conciencian sobre a saúde. Cada un dos episodios deste programa está adicado a unha gran científica.
Mulleres na Historia: Con motivo do mes da muller e desde a materia de inglés, os alumnos de 2ºESO C lémbrannos a vida dalgunha das mulleres máis influentes da Historia
Encontros: Este programa está adicado aos fantásticos encontros que ten a nosa biblioteca con outras bibliotecas escolares.
Entrevistas: programa de entrevistas realizadas a distintas persoas da nosa comunidade educativa. Este curso entrevistamos a Ángel, xefe de estudos, a Sergio, profesor de Matemáticas, e a nosa directora Patricia.
Bioxenios: Programa de divulgación científica, creado polo alumnado de Bioloxía de 1º bacharelato.
Trailers de ópera: O alumnado de música de cuarto da ESO realizou uns “trailers” para anunciar algunha das obras máis relevantes.
Se premes no título do programa acederás a todo o contido.