Xardín de aromáticas

Como colaboración co Fitofaladoiro, o profesor Miguel Freire Sitjas traballou co seu alumnado de 1º Ciclo Superior de Paisaxismo, na implantación nun macizo no xardín do IES. Plantaron unha colección de 14 plantas con propiedades mediciñais acompañadas cada unha delas dun pequeno cartel onde figuraba o nome da planta en galego e a nomenclatura científica da mesma xunto cun código QR que permite perante unha aplicación instalada no celular, acceder a páxina web correspondente de cada especie botánica onde figuran as súas características e propiedades .

Para a realización de este traballo, limpouse o macizo de herbas adventicias e preparouse o terreo para a plantación das 14 especies mediciñais : Arruda (Ruta graveolens), Tomelo (Thymus vulgaris), Tomelo limón (Thymus x citriodorus), Coentro (Coriandrum sativum) , Aneto (Anethum graveolens), Cantroxo (Lavandula officinalis), Alfádega (Ocimun basilicum), Poexo (Mentha pulegium), Sarxa (Salvia officinalis), Ourego (Origanum vulgare), Loureiro (Laurus nobilis), Herba abelleira (Melisa officinalis), Herba da loba (Santolina chamaecyparissus), e Romeu (Rosmarinus officinalis).

Pechouse o macizo completando a bordura de buxo xa existente con mais planta. Para evitar a proliferación de adventicias instalouse unha malla antiherbas sobre a que se botou grava de cor claro. Houbo que sustituir o aspersor de rega por atoparse deteriorado, e por último colocaronse os carteis plastificados nuns soportes ao pé de cada planta, nos que os alumnos do IES poideron comprobar a súa funcionalidade.

Alumnos 1º do CS de Paisaxismo e Medio Rural:

- Rubén Calaza Doval

- Javier Argíz Martínez

- Alberto Carballo González

- Lucía Graña Iglesias

- Alba López Gavín

Profesor Titor: Miguel A. Freire Sitjas