Matemáticas e experimentación...arredor das plantas


A docente Sharay Astariz Nuñez contribuiu co seu alumnado ó proxecto Fitofaladoiro, aportando unha visión interdisciplinar desde o ámbito científico tecnolóxico. A súa contribución centrouse en tres actividades diferentes: (i) taller de cosmética natural, (ii) a beleza das matemáticas – o número de ouro e (iii) estatística nas árbores. A primeira de elas foi realizada polo alumnado de PMAR I dentro do Ámbito Científico e as outras dúas dentro do currículo de Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Aplicadas de 4º ESO.

O taller de cosmética consistiu na elaboración de diversos produtos de maneira natural empregando lavanda, caléndula e tomelo como material vexetal. O alumnado participante mostrouse interesado en coñecer as propiedades das plantas que encontran a diario nas proximidades das súas casas. Resultoulles moi curioso a sinxeleza coa que se podían obter cosméticos de maneira natural e obter os seus propios produtos. Participaron de modo moi activo e o resultado da actividade foi moi satisfactorio.

Nas actividades de 4º ESO, por un lado, analizouse a presenza da sección áurea en elementos da natureza: disposición das follas nas plantas, xirasol, piñas, etc. E, por outro lado, realizouse o estudo de diversos parámetros estatístico a través da análise do tamaño de follas da mesma árbore. A actividade deu moi bos resultados. Os/as alumnos/as participaron dun modo moi activo mostrando interese e curiosidade. Eles mesmos transformáronse en investigadores por un día, conseguindo deste modo que eles mesmos foran construtores do seu aprendizaxe.

Asemade, este tipo de actividades permite tratar contidos do currículo dentro dun contexto real, o que os dota de significado real para o alumnado e fai que a aprendizaxe perdure no tempo.

Eiquí deixamos os vídeos que elaborou resumindo esta aportación tan interesante!