Traballos Titoría 2FPBásica

O alumnado de 2 de Formación Profesional Básica co seu titor David Toural estiveron traballando na construcción dunha prensa de herbario de sobremesa para o centro, para levar a cabo o prensado e secado de mostras a herborizar de forma axeitada.

Deixaron constancia de todo o procedemento para que aquelas persoas interesadas podan (se son algo mañosos/as) facelo na súa casa. Aquí vos deixo algunhas fotos do proceso e un enlace ó documento con todo o proceso. LINK