Traballos Titoría 2B

O alumnado de 2 B, que xa participara na edición anterior do Fitofaladoiro, estivo traballando axudados pola súa titora Paz Balseiro, co material da exposición Medrando no lugar errado durante varias sesións de titoría.

Para comezar, no corredor do centro examinaron a exposición de fotografías e gráficos informativos sobre as prantas arvenses. Consultando toda a información, o alumnado foi respondendo a un cuestionario que se lles proporcionou previamente facendo uso de Internet como apoio informativo. Ademais de respostar a tales cuestións, recolleron posibles usos de ditas prantas (medicinais, etc.). A exposición contaba con viñetas dous personaxes, Herbasio e Herbasia, que se intercambiaban cuestións prácticas sobre as prantas sendo axudados polo alumnado a averiguar as respostas.

Aproveitando a cercanía do San Cidre e as Letras Galegas, fixemos unha actividade que combinaba a investigación sobre prantas e a literatura galega. Saimos ao campo recoller distintas prantas e, logo da selección, achegámonos ao xeriátrico para que os nosos maiores nos orientaran nos nomes en galego das distintas mostras recollidas. Antes de presentarlles as prantas e de escoitar as súas impresións e tomar nota, o alumnado recitou unha selección de poemas de Manuel María, moi identificables co entorno chairego.

A experiencia foi un éxito pola implicación dos rapaces cos maiores e o xeito de interactuar entre todos. Os alumnos coinciden, na súa maioría, en que esta última actividade foi a máis interesante para eles e mostraron un gran grao de satisfacción e interese.

Velaquí unhas fotos do moito que traballaron e o enlace a carpeta con tódalas imaxes e traballos. LINK

Eiquí tedes un vídeo coas fotos dos/das investigadores/as e as plantas VIDEO

Eiquí tedes un enlace das fotos recollendo plantas LINK