Encontro interxeracional

O alumnado de 2A e 2B coas súas titoras Paz e Elisa participaron nun encontro cos maiores que están na residencia de Castro Riberas de Lea. Foi unha experiencia moi emotiva, os maiores disfrutaron da súa compañía e os máis novos aprenderon moitas cousas. Por este traballo o IES recibe unha mención especial nos Premios da Terra Chá (2018) organizados polo colectivo Xermolos, PARABÉNS!!!

Temos un vídeo que resume moi brevemente este encontro dos días 15 e 24 de maio de 2018. Parabéns a tod@s