Recoñecementos

O noso esforzo foi recoñecido pola asociación Xermolos, sendo un dos centros premiados no XXXVIII Certame da Terra Chá. Desde aquí aproveitamos para agradecerlles a súa consideración e o agasallo. Aproveito tamén para agradecer o alumno de FP Básica Adrián Ares que recolleu o premio no nome do centro o día 6 de Agosto de 2017 no Festival de Pardiñas. Déixovos un par de fotos que fixo Carlos o seu titor, lembrando o evento.

Grazas a tod@s os que fixestes posible este proxecto. Mamá, un pedacín deste premio tamén vai para ti, sempre lembrarei o orgullosa que estabas de que eu coordinase o proxecto e de que nos concederan este recoñecemento.