Exposición do Herbario de Especies de Ribeira

O alumnado de 3 PMAR coa súa profesora Teresa López realizaron tarefas de recollida e herborización de especies dos estratos herbáceo, arbustivo e arbóreo presentes nas ribeiras dos ríos da Terra Chá. Este traballo culminou cunha exposición do herbario no que se amosa o nome científico e o nome en galego das especies recollidas. Parabéns polo traballo! Vos deixo algunhas das imaxes da exposición e dos herbarios, aínda que por mor da luz non se aprecia ben o bonitos que quedaron. Neste link podedes visualizar as especies: https://drive.google.com/open?id=0B66RICxiKNjgSVB3NHhsN2RVSnc