1º Certame Fitofaladoiro

1º CERTAME DO FITOFALADOIRO NO IES DA TERRA CHÁ

Entre os obxetivos do noso proxecto Fitofaladoiro destacamos a divulgación e posta en valor da riqueza do patrimonio natural e cultural da comarca da Terra Chá, así como a identificación de especies presentes na comarca da Terra Chá e investigación sobre a súa morfoloxía, o seu nome local e uso tradicional.

CRITERIOS DE VALORACIÓN:

Mellor contribución científica:

Valorarase a o grao de relación coa temática do Fitofaladoiro, a orixinalidade e calidade (lingüística, rareza das especies, explicación sobre o uso…) así como o número de aportacións realizadas polo participante individual ou grupo.

Como exemplos, pódense presentar inventario de nomes de plantas en galego nun lugar mediante entrevistas, herbarios cos nomes das plantas en galego, estudos orixinais sobre fitotoponimia na cartografía, estudos de plantas para curar determinadas doenzas, estudos de plantas consideradas malas herbas nas hortas dunha zona, estudos de comparación da vexetación da Terra Chá con outras zonas…

Mellor contribución artística:

Valorarase a o grao de relación coa temática do Fitofaladoiro, así como o enxeño, a creatividade, a calidade técnica da contribución e a calidade lingüística.

Como exemplos, pódense presentar láminas de debuxo de plantas autóctonas da comarca, vídeos con entrevistas sobre as plantas, presentacións con fotografías de plantas típicas na comarca… Estudos sobre a influencia da Paisaxe vexetal na poesía e literatura de autores vencellados A Terra Chá…

CATEGORÍAS DE PARTICIPACIÓN:

1. Mellor contribución científica

Modalidade grupo: (Máximo de 3 integrantes por grupo) 1º premio, 2º premio, 3º premio, mención honorífica

Modalidade individual: 1º premio, 2º premio, 3º premio, mención honorífica

2. Mellor contribución artística (literaria, audiovisual, fotografía, expresión plástica, musical…)

Modalidade grupo: (Máximo de 3 integrantes) 1º premio, 2º premio, 3º premio

Modalidade individual: 1º premio, 2º premio, 3º premio

Cada persoa participante non poderá recibir máis dun premio na mesma categoría. Se o xurado así o considera poderá haber premios declarados desertos ou compartidos.

Os agasallos expostos na entrada do centro son: gorras, bolsas, camisetas, libros e memorias drive cortesía da área de Medio Ambiente da Deputación de Lugo, da Compañía telefónica R, da Mesa de Normalización Lingüística e libros do Arquivo Histórico Provincial de Lugo.

INSCRIPCIÓN:

Este certame está dirixido a todo o alumnado do IES da Terra Chá

O prazo máximo para inscribirse e entrega dos traballos é o 25 de maio

As aportacións poden realizarse por email enviándoas a docenciafpbasica@gmail.com ou presencial entregando o material ós titores e/ou profesores implicados no Fitofaladoiro.

Os participantes poden só presentar material orixinal, e no caso de fotografías deberán empregar un medio de identificación ou referencia propio para certificar que o material non foi descargado de internet.

RESOLUCIÓN:

O xurado estará formado por un membro da dirección do IES, a coordinadora do proxecto Fitofaladoiro, e tres profesores implicados no proxecto.

Finalmente o equipo do Fitofaladoiro acordou repartir os numerosos agasallos entre os 74 alumn@s participantes, destacando as contribucións de Antía Carpintero Ramos (1º ESO) , Paula Ramos (3º PMAR), Santiago Reboredo (1º FP Básica), Laura Díaz Pedreira (1 Bacharelato) e Marcos Vila (1º Ciclo Forestal). Aquí tedes algunhas fotos dos premiados. Parabéns a tod@s!!