Visita do CEIP Veleiro do Campo

O venres 16 de xuño o noso IES recibiu unha visita moi especial: os alumnos de sexto de primaria do CEIP Veleiro do Campo acompañados por varios dos seus profesores. Estiveron coñecendo as instalacións e a algúns dos seus futuros profesores do vindeiro curso académico. Desde aquí dámoslle de novo a benvida!

Aproveitamos a súa visita para contarlles algunhas das actividades que fixemos no Fitofaladoiro: a exposición de láminas botánicas e ilustradoras botánicas senlleiras, a botica, o xardín de aromáticas e como non podía ser doutro modo levaron uns pequenos agasallos de temática botánica: uns preciosos marcapáxinas con plantas e o seu nome científico, unha rosa e unha pequena plantiña aromática.

Velaquí algunha das fotos da súa visita.