O Fitofaladoiro en 1 ESOB

O alumnado de 1º da ESO B, do Ies da Terra Chá, supervisados pola súa titora Silvia Gil, realizou nas sesións de titoría do terceiro trimesre unha labor de investigación relacionada co mundo das prantas mediciñais. As fontes das que se serviron foron fundamentalmente os nosos maiores, ós que eles lles preguntaban se coñecían algunha pranta curativa, para que enfermidade a empregaban e como a empregaban. Unha vez recollida toda esta información, formaron grupos de traballo e, coa xuda dos netbooks que teñen á súa disposición na aula, buscaron o nome científico das prantas, así como fotos das mesmas e contrastaban a información da que dispoñían coa información que eles atopaban na web. Feito isto, plasmaron a información por escrito, pegaron fotos e fixeron debuxos dando como resultado un breve listaxe das prantas mediciñais máis básicas que podemos atopar na nosa comarca.

Velaquí tedes unha mostra do traballo realizado:


SILVIA GIL.pdf